Noticias

Penas de 6 meses a 6 anos de prisión a 5 acusados por intento de asasinato

Penas de 6 meses a 6 anos de prisión a 5 acusados por intento de asasinato

fuente

Penas de seis meses a seis anos de prisión son as que deberán cumprir os acusados que sentaron esta mañá na Audiencia Provincial da Coruña. Son unha muller, un amigo seu e dous sicarios aos que contrataran para cobrarlle unha débeda a unha ex-socia súa. Inicialmente pedíanlles penas que ían dos 22 anos de cadea a un ano, pero todos os acusados recoñeceron os feitos e chegaron a un acordo para reducir as condenas.

Por unha débeda dun negocio, unha das acusadas encargoulle a un amigo seu contratar dous sicarios para que lle desen un susto á familia da súa ex-socia. A cambio, recibirían o trinta por cento dos 2.850 euros, que era a cantidade que lle debía. Así que, segundo o escrito da acusación, dous homes, trasladados en coche por un terceiro, entraron na casa da vítima, en Sigüeiro, ocultos baixo un pasamontañas e portando unha pistola e unha pata de cabra. Naquel momento, dentro da vivenda estaban tamén o marido da vítima, o seu irmán e maila súa filla de nove anos, á que deixaron pechada nun cuarto. Esixíronlles a berros os 2.850 euros, pero amais, a entrega de todo o diñeiro e obxectos de valor que tivesen na vivenda. Foi entón cando comezou un forcexo entre os moradores e os asaltantes, e un dos imputados, segundo a Fiscalía, disparou a pistola apoiando directamente o canón na sen esquerda da vítima. Finalmente lograron levar 400 euros en efectivo, tres teléfonos móbiles, varias cadeas e un anel de ouro que vendería despois unha das procesadas nunha tenda de compra de ouro.

Por todo isto, pedíanlles penas entre os 22 anos e un ano de cadea. Pero finalmente as partes chegaron a un acordo.

"Recoñécense os feitos. Aplícanse as atenuantes de toxicomanía e reparación do dano polo pagamento das indemnizacións", explica Diego Reboredo, un avogado da defensa.

"O fiscal entendeu que o delito de asasinato en grao de tentativa era discutible, aínda que si é certo que a vítima presentaba un dano no cranio, a defensa entendía que iso non fora consecuencia da arma senón dun forcexo que houbo durante o roubo", engade Luis Manuel Salgado, avogado da defensa.

Tras o acordo as penas quedaron reducidas entre os seis anos e tres meses de cadea e os seis meses.

 

Un juez sopesa excarcelar a un traficante de hachís detenido en Sanlúcar por su situación familiar Acusación y defensa del crimen de Ponte Caldelas piden que se investigue a la mujer del asesinado
20 of 31